Universidade Internacional de Nalanda

Coordenadas: 25°01′06″N 85°22′42″L / 25.0183119, 85.3784319

Universidade de Nalanda
Nalanda University
Ruínas da antiga universidade medieval
Datos xerais
LocalizaciónRajgir, preto de Nalanda, Bihar, India
Datos actuais
ReitorVijay P. Bhatkar[1]
Alumnos130 (2016)[2]
Datos de contacto
Páxina webhttp://nalandauniv.edu.in/
Facebook: nalandauniversity2010 Twitter: nalanda_univ Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A Universidade de Nalanda, tamén coñecida como Universidade Internacional de Nalanda, é unha universidade situada na histórica cidade de Rajgir en Bihar, na India. Foi establecida polo Parlamento para emular a universidade antiga de Nalanda, que funcionou entre os séculos V e XIII, sendo considerada das máis antigas do mundo. A idea de resucitar a Universidade de Nalanda foi avalada en 2007 no Cumio de Asia Oriental e como tal, a universidade é vista como un dos proxectos emblemáticos do Goberno da India. Foi designada como "Institución Internacional de Importancia Nacional" e comezou a súa primeira sesión académica o 1 de setembro de 2014. Creado inicialmente con instalacións temporais en Rajgir, ten proxectado un campus moderno de máis de 400 acres (160 ha).[3]

O primeiro reitor da universidade na era moderna foi o Premio Nobel Amartya Sen, seguido do exministro de Asuntos Exteriores de Singapur, George Yeo. Nalanda é exclusivamente unha escola de posgrao, actualmente ofrece cursos de máster e programas de doutoramento en filosofía .

  1. "Man behind India's first supercomputer 'Param' to head Nalanda University". Arquivado dende o orixinal o 13 de xuño de 2017. Consultado o 17 de xuño de 2017. 
  2. Devraj, Ranjit. "Political meddling causes Nalanda University turmoil". University World News. Consultado o 2017-01-16. 
  3. "University of Nalanda". Times of India. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search